Sunday 07 de July de 2024

Donaya Market abre as súas portas na Coruña


● A súa oferta gastronómica, enfocada na cociña asiática, aúna tapas e ramén.

● O local sitúase no centro da cidade na rúa San Andrés nº 5 (esquina con Torreiro).

● Completa a singular proposta unha tenda na que a clientela poderá levar a casa os ingredientes daqueles pratos que conquistasen o seu padal.

Donaya Market abriu hoxe, sábado 22 de xuño as súas portas ao público tras celebrar onte un acto privado de inauguración no que se puideron saborear os encantos desta unha nova proposta gastronómica que lembra aos postos rueiros do sueste asiático. As persoas que visiten deste local atoparán unha carta con tapas e tamén con diferentes tipos de ramén.

Donaya Market está situado no nº 5 da rúa San Andrés, facendo esquina coa rúa Torreiro, unha zona perfecta para irse de tapas con sabores a Asia, unha opción que desde xa é posible na Coruña grazas a este novo local.

Nada máis entrar en Donaya Market atopámonos cun espazo de tenda especializada que permitirá aos clientes poder facerse cos ingredientes necesarios para elaborar nos seus fogares aqueles pratos cuxo sabor lles cativou tras probalos neste novo local coruñés.

Neste establecemento a comida asiática fusiónase con produtos da terra. O caldo para o ramén elabórase a diario cocendo a lume lento espinazo de tenreira galega. A pasta é fresca e elaborada polo equipo de cociña que lidera o chef Liu e que traballa a vista do público nun espazo aberto.

Que comer en Donaya Market e cando poderemos facelo?

Entre os pratos e tapas que poderán degustarse en Donaya Market atopamos propostas como: takoyaki, gyozas, karaage, baos, carpaccio de lingua de wagyu, macedonia de verduras, ensalada de alga wakame, bambú ou kimchi estilo coreano. A carta de ramén é extensa e conta cunha opción fría ideal para o verán.

A cociña estará sempre aberta no horario de atención ao público de Donaya Market que será no seu arranque o seguinte:

● De martes a xoves: 11:00 – 23:00

● Venres e sábado: 12:00 – 00:00

● Domingo: 12:00 – 23:00

● Luns pechado

Donaya Market é unha proposta culinaria diferente, exótica e actualmente única na Coruña. Un concepto de restauración ligado á cociña asiática que aspira a cativar a coruñeses e visitantes da urbe galega. Un bocado de Asia en pleno centro da cidade.